Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, e disposicións concordantes da Lei do solo de Galicia, publícase que, con data do 29 de novembro de 2001, o Pleno extraordinario urxente realizado aprobou, por maioría absoluta, a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Noia na zona de Barro, para a instalación da EDAR, trala recepción do informe preceptivo e vinculante da CPTOPV, que se emitiu en sentido favorable.

Noia, 30 de novembro de 2001.

Rafael García Guerrero

Alcalde