Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES 4/2000).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 12 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Resolve-las alegacións presentadas no sentido do informado.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto promovido polo concello, relativo ó plan especial de protección e recuperación do castro de Elviña e protección da paisaxe natural, documento no que se introduciron as observacións formuladas pola Consellería de Cultura, coas matizacións que figuran no informe.

Terceiro.-Proceder á publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia e BOP, e inseri-lo texto íntegro da ordenanza no BOP.

Cuarto.-Contra o presente acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no se practicou a notificación ou, no seu caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados do día seguinte á notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso.

Quinto.-Comunicar ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

Sexo.-Remitir un exemplar do documento do PERI á Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura.

Sétimo.-Notifica ós afectados.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 19 de novembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo