Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, na sesión do 21 de decembro de 2001, o proxecto de modificación de delimitación da unidade de execución número 7 (UE-7) do PXOU de Celanova, redactado por José Herrero García, Arquitecto S.L., por instancia de Inmobiliaria Cevigo, S.L., exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir da publicación deste edicto no DOG, para efectos de exame nestas oficinas municipais e formulación de alegacións e reclamacións.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados

directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Celanova, 26 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado