Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de asistencia á deputación na campaña de Esquí 2002 na estación invernal de San Isidro de León. (Expediente 11258/2001).

Obxecto: servicios de asistencia á Deputación na campaña de Esquí 2002 na estación invernal de San Isidro de León.

Orzamento: 300.506,05 euros (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de decembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña