Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

1. Renovación do bombeo e adecuación da EDAR de Neda (Neda-A Coruña).

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios, S.L. e Cotragua, S.L. (UTE).

Orzamento: 74.150.000 pesetas.

2. Abastecemento de auga a San Salvador (Santa Comba-A Coruña).

Adxudicatario: Excavaciones Ovidio, S.L.

Orzamento: 12.874.977 pesetas.

3. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e o proxecto de construcción de solucións ós problemas de asolagamentos en Gondomar (Gondomar-Pontevedra).

Adxudicatario: Proyectos y Obras de Galicia, S.L.

Orzamento: 23.023.279 pesetas.

4. Saneamento da zona oeste do concello de Bueu (Bueu-Pontevedra).

Adxudicatario: Espina y Delfin, S.L.

Orzamento: 218.144.586 pesetas.

5. Rede de saneamento en Xunqueira de Abaixo e conexión ó colector marxinal (Viveiro-Lugo).

Adxudicatario: Obras y Construcciones Dios, S.A. e Aopil, S.L. (UTE).

Orzamento: 34.690.000 pesetas.

6. Asistencia técnica para a actualización do plano de saneamento de Galicia e realización do inventario de infraestructuras de abastecemento.

Adxudicatario: Ingeniería y Servicios de La Coruña, S.L.

Orzamento: 27.344.785 pesetas.

7. Abastecemento e saneamento de Larouco (Larouco-Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ra-

mos, S.L.

Orzamento: 70.965.000 pesetas.

8. Captación e conducción para a ampliación do caudal do abastecemento de auga á parroquia de Meira (Moaña-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 25.980.000 pesetas.

9. Colector xeral do Rosal e conexión co saneamento da Guarda (O Rosal-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA).

Orzamento: 111.769.520 pesetas.

10. Depuración e redes de abastecemento en Montefurado, Conceado e Ermida (Quiroga-Lugo).

Adxudicatario: Covinor 99, S.L.

Orzamento: 51.823.125 pesetas.

11. Potabilización e enlace á rede de abastecemento de Viana (Viana do Bolo-Ourense).

Adxudicatario: Fergo Galicia, S.A.

Orzamento: 60.362.250 pesetas.

12. Complementario número un do saneamento da Guarda (A Guarda-Pontevedra).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 275.510.000 pesetas.

13. Canalización do río Mesoiro nos terreos afectados pola construcción do recinto feiral da Coruña (A Coruña).

Adxudicatario: Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.

Orzamento: 154.911.110 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia