Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselle ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar, e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

Advírteselle que, en caso contrario, se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 23 de novembro de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Mª Pilar Prado Bóveda.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 19.

Enderezo: estrada de Vigo, portal 1, 5º C. 32001 Ourense.

Importe da débeda: 85.733 pesetas.

Jesús Álvarez Pino.

Expediente: OR-81/020.

Conta nº 18.

Enderezo: Outeiro Grande, II fase, bl. B, portal 4, 1º D. 32570 Maside.

Importe da débeda: 1.159.233 pesetas.

Delfín Nóvoa López.

Expediente: OR-83/010.

Conta nº 62.

Enderezo: Pablo Iglesias, nº 1, 10º C. 32004 Ourense.

Importe da débeda: 1.838.951 pesetas.

Fernando Vieira Ribeiro.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 49.

Enderezo: estrada de Vigo, portal 1B, 6º A. 32001 Ourense.

Importe da débeda: 165.326 pesetas.