Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infraccións na orde social que se cita.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), o seu domicilio, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa: Textil Mindoniense, S.L.

Domicilio: avda. Buenos Aires, s/n, Mondoñedo.

NIF: B-27263698.

Nº de expediente: 131/2001.

Contía: 250.001 pesetas.

Disp. infrinxida: Real decreto lexislativo 5/2000, Orde ministerial do 7 de xullo de 1997.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser promovido este en tempo e forma, deberá aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta de sancións nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

Lugo, 22 de novembro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo