Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2001 pola que se convocan cursos en colaboración co Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Dentro do programa de actividades da EGAP para o 2002, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración co Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para o curso, segundo o modelo que figura no anexo II, dirixiranse ó director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15704 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral do instituto, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de febreiro.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección axustaránse ós especificados para cada curso no anexo I, ademais procurarase un reparto territorial equilibrado, de maneira que asista persoal das catro delegacións provinciais e dos servicios centrais.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como a de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Quinta.-Certificados de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa nos cursos coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: xestión técnico-económica de explotacións de gando vacún.

1. Obxectivos.

Darlle unha formación axeitada ó persoal técnico de xestión de explotacións de gando vacún para mellora-la calidade do asesoramento ás explotacións.

2. Destinatarios.

Persoal técnico das agrupacións de xestión, así como persoal técnico do Ilgga e das oficinas agrarias co-

marcais.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal técnico de entidades que realicen programas de xestión empresarial de explotacións e programas de mellora da calidade do leite, auxiliados con fondos públicos, así como o persoal funcionario do Ilgga e das oficinas agrarias comarcais relacionado coa materia.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, salón de actos, os días 4, 5, 11 e 12 de novembro de 2002.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 80.

5. Contido.

Análise dos custos de producción. Coñecemento do funcionamento da aplicación informática de xestión.

Curso: xestión de axudas a explotacións. Viabilidade, medio ambiente, hixiene e benestar dos ani-

mais.

1. Obxectivos.

Optimiza-la xestión dos recursos económicos dispoñibles e parametriza-la avaliación do cumprimento das normas ambientais mínicas.

2. Destinatarios.

Persoal que participa na aprobación das axudas do R.D. 613/2001.

3. Criterios de selección.

Terá preferencia o persoal do Ilgga e das oficinas agrarias comarcais que participe na aprobación das axudas do R.D. 613/2001.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, salón de actos, os días 4 e 5 de marzo de 2002.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 70.

5. Contido.

Requisitos ambientais mínimos. Hixiene e benestar dos animais. Parametrización da avaliación das normas mínimas.

Curso: xestión de operacións de intervención de mercados.

1. Obxectivos.

Que o persoal xestor das operacións de intervención de mercados coñezan tódalas fases de xestión e control dos expedientes de intervención, como a do leite, carne de vacún e outros productos agrarios.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica, tanto de servicios centrais como periféricos, relacionados coas operacións de segunda categoría.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que interveña máis directamente na xestión das operacións de intervención de mercados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 9, 10 e 11 de abril de 2002.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

A encomenda da xestión. Os gastos de segunda categoría. Distintos tipos de intervención: carne de vacún, leite, etc. A tramitación administrativa. Os controis.

Curso: contabilización e pagamento de axudas e investimentos.

1. Obxectivos.

Que o persoal xestor que tramite documentos contables e propostas de pagamentos coñezan o sistema contable XUMCO-OOAA/FEOGA-Garantía, as uti

lidades del e o xeito de ordena-los pagamentos a través das entidades financeiras colaboradoras.

2. Destinatarios.

Persoal do Ilgga que tramite documentos contables e propostas de pagamento.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal que tramite propostas de pagos e documentos contables.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 6 e 7 maio do 2002.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O orzamento do Ilgga: ingresos/gastos. A contabilidade XUMCO-OOAA e a súa relación coa contabilidade de pagamentos/dereitos FEOGA-Garantía e co XUMCO. A ordenación dos pagamentos e a transmisión telemática dos ficheiros.

Curso: o control interno e a súa expresión nos manuais de procedemento.

1. Obxectivos.

Achega-los coñecementos básicos sobre os principios do control interno na xestión de fondos FEOGA-Garantía e a súa traducción en manuais de procedemento.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito a unidades administrativas que participan na xestión de axudas con cargo ó FEOGA-Garantía.

3. Criterios de selección.

Terá prioridade o persoal da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do Ilgga participe na xestión de axudas con cargo ó FEOGA-Garantía.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 4 e 5 de marzo do 2002.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Principios básicos do control interno: concepto, compoñentes, funcións, responsabilidades e límites. Manuais de procedemento: concepto, ámbito de aplicación, límites e sistemática e criterios de elaboración.