Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 302

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de decembro de 2001 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Soutomaior (Pontevedra).

O Concello de Soutomaior (Pontevedra), en sesión ordinaria do Pleno que tivo lugar o día 27 de setembro de 2001, adoptou o acordo relativo á creación e clasificación do posto de colaboración de adxunto á Secretaría-Intervención, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, propoñendo a súa clasificación en clase terceira.

O artigo 2 g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, establece que os postos de colaboración poden crearse discrecionalmente polas corporacións locais e serán clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo iso, en aplicación do establecido nos artigos 2 g) e 9, do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

O posto de traballo de adxunto á Secretaría-Intervención do Concello de Soutomaior (Pontevedra), clasifícase en clase terceira (3ª), e resérvase a funcionarios/as de Administración local con habilitación nacional da subescala de Secretaría-Intervención.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública