Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de novembro de 2001 pola que se constitúe o colexio rural agrupado Ponte da Pedra de Carballo da provincia da Coruña.

Examinado o expediente sobre a constitución do colexio rural agrupado Ponte da Pedra (Carballo), tramitado pola Delegación Provincial da Coruña.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de octubro (DOG do 21 de octubro), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-lo colexio rural agrupado Ponte da Pedra de Carballo, cos datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado Ponte da Pedra de Carballo os colexios e escolas, que se suprimen como tales, de: CEIP de Artes (código 15002451), EEI de Mirón-Bértoa (código 15002475), EEI de Rega-Bértoa (código 15002487), CEIP de Cances (código 15002517), CEIP de Xoane da Estrada-Goiáns (código 15023600), CEIP de Vilares-Sísamo (código 15002700), CEIP de Moucho-Berdillo (código 15023946).

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Carballo.

Localidade: Carballo.

Enderezo: rúa Vázquez de Parga, 119, bloque 2, 1º D.

Centro: Colexio Rural Agrupado Ponte da Pedra.

Código de centro: 15032251.

Zona educativa: Carballo.

Unidades

Educación infantil Educación primariaTotal

549

LocalidadePostos de traballo

EIEP

Artes1

Bértoa (Mirón)1

Bértoa (A Rega)1

Cances1

Goiáns (Xoane da Estrada)1

Sísamo (Os Vilares)11

Berdillo (O Moucho)11

Educación musical1

Educación física1

Total postos11