Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001388/2001-JL, interposto pola Asociación de Enxeñeiros Técnicos Forestais e José Mª Jiménez Angulo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001388/2001-JL interposto pola Asociación de Enxeñeiros Técnicos Forestais e José Mª Jiménez Angulo contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) (DOG nº 199, do 15 de outubro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública