Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 266

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de decembro de 2001 pola que se resolve a concesión dos premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes realizados por profesores de centros docentes da comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 18 de xullo de 2001 (DOG 8 de agosto), convocou premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes realizados por profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos dentro do marco de impulso á adquisición de hábitos de convivencia democrática e de respecto mutuo co fin de prepara-las persoas para a participación responsable nas distintas actividades e instancias sociais.

Segundo o disposto no artigo 6º da devandita orde, o día 14 de novembro de 2001 constituíuse a comisión encargada de avalia-los traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta de concesión de premios, que se elevou ó conselleiro para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-los premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes realizados por profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, convocados pola Orde do 18 de xullo de 2001, ós traballos e profesores que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Premios a experiencias e proxectos de promoción de conductas tolerantes

Dous primeiros premios de 300.000 pesetas ós traballos:

Título: Aprender a Convivir.

Coord. Juan Carlos Ferro Pozo.

Centro de Tecnificación Deportiva.

Pontevedra.

Título: comite Unesco: Unha Experiencia de Traballo Cooperativo.

Coord. María Luisa Márquez Rodríguez.

Centro: IES Luis Seoane.

Pontevedra.

Tres segundos premios de 200.000 pesetas ós tra-

ballos:

Título: *s Nen* do Mundo.

Coord. Mª de los Ángeles Pousa Díaz.

Centro: CRA de Teo.

A Coruña.

Título: Máis Alá da Tolerancia.

Coord. Ricardo Rodríguez de Rávena.

Centro: IES Xulián Magariños.

Negreira (A Coruña).

Título: Educar para A Paz, Globalmente.

Coord. Manuel Dios Diz.

Centro: CPI. Viaño Pequeno.

Viaño Pequeno (A Coruña).

Tres terceiros premios de 100.000 pesetas ós tra-

ballos:

Título: Europa: Un Proxecto na Tolerancia.

Coord. Javier Jurado Luque.

Centro: IES Escuelas Proval.

Nigrán (Pontevedra).

Título: Coñecémonos Mellor, Respectámonos Máis.

Coord. Pilar González Rodríguez.

Centro: CEIP de Sobrada.

Sobrada-Tomiño (Pontevedra)

Título: Coa Memoria Voltaron. Agora Témolas Con-

nosco.

Coord. María Inmaculada Peniza González.

Centro: IES Pedra da Auga.

Ponteareas (Pontevedra).

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL