Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

EDICTO.

Aprobada definitivamente polo Pleno, en sesión do 27-11-2001, a modificación puntual 1/01 das normas subsidiarias do Concello de Coles, publícase o presente anuncio, segundo dispón o artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para xeral coñecemento. A normativa e ordenanzas publícanse no BOP.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, sen prexuízo de poder interpor recurso potestativo de reposición ou outros que legalmente entendan os interesados, de acordo co disposto na lexislación vixente.

Coles, 28 de novembro de 2001.

Eladio Pérez Moure

Alcalde