Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

Obxecto: subministración dunha varredora vial por importe de 8.700.000 pesetas dos investimentos incluídos na 3ª fase da anualidade 2000 do Plan 2000 de protección do medio ambiente 1999-2000.

Epígrafe 1: orzamento: 8.700.000 pesetas (IVE incluído), 52.288,05 euros.

Epígrafe 2: aplicación orzamentaria: 2001.442.623.

Epígrafe 3: revisión de prezos: non procede.

Epígrafe 4: consulta de pregos:

4.A: lugar de consulta: Secretaría do Concello de Malpica de Bergantiños. Casa do concello.

4.B: lugar de obtención de copias: oficinas xerais do Concello de Malpica de Bergantiños. Casa do concello.

Epígrafe 5: lugar de presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Malpica de Bergantiños. Casa do concello.

Epígrafe 6: prazo de presentación de ofertas: ata as 14 horas de oitavo día hábil contado a partir do día seguinte á última das publicacións efectuadas nos diarios oficiais (BOP e DOG).

Epígrafe 7: mostras: non se esixen.

Epígrafe 8: garantía provisional.

a) Esixible: 2% do tipo de licitación.

Epígrafe 9: apertura de plicas: ás 10 horas do día seguinte hábil ó que se sinale como último para a presentación de ofertas.

Epígrafe 10: garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Epígrafe 11: lugar de entrega dos bens: Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

Epígrafe 12: prazos de entrega: 15 días contados a partir da notificación da adxudicación.

Malpica de Bergantiños, 12 de decembro de 2001.

José Ramón Varela Rey

Alcalde