Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

EDICTO.

Aprobado incialmente polo Pleno, en sesión do 27-11-2001, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Coles, ábrese un período de información pública durante un mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG, segundo dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con fin de que, durante o dito prazo, os interesados poidan examinalo e presentar reclamacións se o estiman pertinente.

A partir da presente publicación no DOG, de conformidade co sinalado no artigo 34 da lei citada, quedan suspendidas as licencias urbanísticas nas zonas do concello concretadas no expediente, nas que as novas determinacións supoñen modificacións do réxime urbanístico vixente. Esta suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase coa aprobación definitiva do plan.

Coles, 28 de novembro de 2001.

Eladio Pérez Moure

Alcalde