Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por acordalo a Comisión de Goberno deste concello, na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2001, e co obxecto de lle dar cumprimento ó disposto no punto cuarto do dito acordo.

Anúnciase a concesión, por concurso, da xestión indirecta de varios servicios relacionados coa piscina municipal cuberta e coa piscina municipal descuberta.

1. Obxecto do contrato. É obxecto deste concurso a contratación, en réxime de concesión, da xestión dos seguintes servicios tanto na piscina municipal climatizada cuberta coma na piscina municipal descuberta:

-O mantemento e a conservación de ámbalas instalacións.

-A atención e o control dos usuarios.

-A prestación dos servicios técnicos-docentes, incluíndo profesores e monitores.

-A prestación do servicio de socorrismo.

-O cobramento das taxas aprobadas polo concello ós usuarios.

2. Prazo de concesión. A duración do contrato será dun ano, contado desde a data de notificación da adxudicación do concurso.

Se tres meses antes de rematar aquel prazo ningunha das partes lle manifestase á outra o seu propósito de rescindi-lo contrato, entenderase prorrogado por outra anualidade.

3. Canon. O canon que satisfará anualmente o concello ó concesionario será de dezaseis millóns de pesetas (16.000.000 de pesetas); para este pagamento desagregarase ese importe en doce mensualidades iguais, que serán ingresadas nos primeiros días de cada mes na conta bancaria que sinale o concesionario.

A devandita cantidade poderá ser mellorada á baixa a favor do concello cando se presente a proposta económica.

O importe deste canon revisarase para a seguinte anualidade -no suposto de prórroga do contrato- e

actualizarase conforme o índice de prezos ó consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou outro organismo que o substitúa.

4. Capacidade para contratar. Estarán capacitadas para contratar ás persoas xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a solvencia económica e financeira así como a solvencia técnica, nos termos dos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), sen que poidan estar afectadas por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 da dita lei como prohibitivas para contratar.

5. Garantía provisional. As empresas que desexen participar no concurso terán que consignar na Tesourería Municipal, en concepto de fianza provisional, a cantidade de trescentas vinte mil pesetas (320.000 pesetas), equivalente ó 2 por 100 do orzamento do contrato, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 35 dese Real decreto lexislativo 2/2000.

6. Garantía definitiva. A empresa que resulte adxudicataria deberá prestar, en concepto de fianza definitiva, a cantidade equivalente ó 4 por 100 do importe da adxudicación; e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 do referido real decreto lexislativo.

A constitución da garantía definitiva deberá acreditarse dentro dos quince días hábiles seguintes ó da notificación da adxudicación do concurso.

O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó concesionario, dará lugar á resolución do contrato.

7. Lugar e prazo de presentación de proposicións. As proposicións, axustadas ó modelo que figura no prego de cláusulas administrativas, xunto coa documentación esixida a través del, presentarase no rexistro xeral do concello, calquera día hábil, das 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais contados desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de oito días hábiles de exposición ó público para reclamacións do mesmo prego de cláusulas administrativas no BOP.

8. Formalidades. As proposicións presentaranse en dous sobres pechados A) e B); o primeiro referido á oferta económica e o segundo referido ós documentos que deben achega-las empresas interesadas en participar neste concurso; farase constar que tanto o modelo que debe conte-la oferta económica como os documentos que deben incluírse no sobre B) son os que figuran recollidos na cláusula 14ª do prego de cláusulas administrativas particulares, que se atopa de manifesto nas oficinas municipais, así como o prego de prescricións técnicas.

Arzúa, 21 de decembro de 2001.

Manuel Moscoso López

Alcalde