Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2001 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para o aluguer dunha nave propiedade da Universidade de Vigo, que se describe na cláusula 2.1 do prego de bases.

1. Entidade adxudicadora:

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 500/2001.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: aluguer dunha nave propiedade da Universidade de Vigo, situada no campus universitario das Lagoas-Marcosende, para a instalación dun centro de datos.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: mínimo de aluguer mensual 263.784 pesetas, IVE incluído (1.585,37 euros).

5. Garantías: as indicadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, edificio anexo ó Rectorado-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de bases.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1-planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 28 de decembro de 2001.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo