Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, tramitación anticipada, número 1DP/2002 para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria. Tramitación segundo o artigo 172-1A do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (en diante TRLCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde de 21-4-1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23-3-2000, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Dirección Provincial da Coruña; r/ Durán Loriga, nº 3-4º andar; teléfono: 981 18 56 00, fax: 981 18 56 78.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse en todos e cada un dos centros sanitarios da provincia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: material de incontinencia urinaria (ver prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: cento catro millóns setecentas sesenta mil pesetas (104.760.000 pesetas), IVE incluído (629.620,281 A).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de prescricións técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 17-1-2002.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 23-1-2002, rematando ás 14 horas.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1, o día 4-2-2002.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración; debe terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 99 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o TRLCAP.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores:

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo

prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares, e prego de prescricións técnicas.

14. Variantes: non se admiten.

15. Información adicional: ve-lo punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 18-9-2001.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 18-12-2001.

18. Data de recepción do anuncio:

19. Anuncios: o pagamento da publicidade deste concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 13 de decembro de 2001.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña