De coformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador 36/29/01, por infracción en materia de defensa do consumidor, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.
O que se lle comunica de conformidade co disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, facéndolle saber que dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente no Servicio Provincial de Consumo de Pontevedra, situado na avenida de Vigo, 16, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere convenientes.
Expediente: 36/29/01.
Inculpado: José A. Soliño Electrogas, S.L.
Enderezo: r/ Fr. Juan de Navarrete, 10, interior, local 8. Pontevedra.
Motivos: incumprimento da normativa que regula os dereitos dos consumidores no servicio de reparación de aparellos de uso doméstico.
Data do acordo de incoación: 20 de agosto de 2001.
Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.
Data de proposta de resolución: 7 de novembro de 2001.
Preceptos infrinxidos: artigos 3.1º, 8.1º, puntos 1 e 2, e 8.2º do Real decreto 58/1988, do 28 de xaneiro, sobre protección dos dereitos do consumidor no servicio de reparación de aparellos de uso doméstico.
Precepto sancionador: artigos 3.3º.4 e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.
Sanción: 40.000 pesetas.
Pontevedra, 23 de novembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial do Instituto Galego de Consumo