Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 23 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 18 de setembro de 2001 pola que se resolve o recurso de alzada relativo ó expediente sancionador PO-105/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución do recurso de alzada relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-105/2000, incoado ó titular do establecemento denominado Bar Kalaikoi Tapas, situado na rúa Mariñeiro-Panxón, de Nigrán, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación desta cédula, de conformidade co artigo 46.1º da citada lei.

Expediente: PO-105/2000.

Sancionado: Manuel Vázquez Fernández.

Establecemento: Bar Kalaikoi Tapas.

Domicilio: rúa do Mariñeiro-Panxón.

Localidade: Nigrán.

Resolución do recurso: 18 de setembro de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 23 de novembro de 2001.

P.D. (Resolución 3-10-2001, DOG nº 210)

José Luis Nieto Ramos

Secretario provincial de Pontevedra