Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 29 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 24 de outubro de 2001 dictada no expediente sancionador AC-123/01, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ó interesado que a seguir se relaciona a resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-123/01, incoado ó titular do establecemento de cafetería restaurante denominado Nic Bahía, situado na rúa Paseo Bombé s/n, do concello de Muros (A Coruña), xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentaren recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-123/2001.

Denunciado: Manuel Ángel Martínez Carou.

Establecemento: Cafetería Restaurante Nic Bahía.

Enderezo: rúa Paseo Bombé s/n.

Localidade: Muros.

Precepto infrinxido: artigo 86, puntos 1, 2 e 5 da Lei 9/1997.

Resolución: 24 de outubro de 2001.

Sanción: tres multas de dez mil (10.000) pesetas cada unha.

A Coruña, 29 de novembro de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña