Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de novembro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-01521-O-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, devidas firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboasen, proceden ó seu pagamento.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que deben efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1315, código de cliente 417, co apercibimento de que, de non facelo así, se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 26 de novembro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Fiador-Último enderezo coñecido

LU-01521-O-2001

83-98-QL

G.C. Tráfico

Transportes Irmaos Barbosa L.D.A.

R. Sao Marcos, 217

4580 Rebordosa

Circular utilizando un disco diagrama non adeucado para o tipo de tacógrafo. Utiliza disco E1/60-63-64 para tacógrafo E1/62.

18-5-2001; 10.15; N-VI; 432,6

R(CE)3821/1985Art. 143 da Lei 16/1987 e art. 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.

300,51 euros

Pedro Herrero Velasco

r/ Ramón y Cajal, 52

Baiona (Pontevedra)

OU-00001-O-2001

NON-137

G.C. Tráfico

GTE Georgian Trucks Expedition

Chavchavadze Ave 11

GE380079 Tbilisi (Georgia)

Reduci-lo descanso diario de 8 horas nun período de 30 horas dous conductores. Inician a conducción ás 10.55 horas do día 30, dous conductores, finalizando esta ás 17.45 horas do día 31, en total en 30 horas e 55 minutos de tempo real. Realizaron un descanso máximo de 3 horas e 50 minutos, desde as 15.25 horas ás 19.15 horas do día 30.

1-11-2000; 9.30; N-525; 229

R(CE)3820/1985Art. 143 da Lei 16/1987 e art. 201 do R.D. 1211/1990250.000 ptas.

1.502,53 euros

Encarnación Matarín Garrido

r/ Pablo Iglesias, 84

Tarrasa (Barcelona)