Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de novembro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00419-S-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula notificánselles os denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa, no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1315, código cliente 417, e, de non facelo así, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00419-S-2001

PO-5637-AH

Servicio Fiscal Patrulla de Puertos y Costas Marín

Manuel Ángel, Bernárdez Loira

Pardavila-San Xián 57

36915 Marín (Pontevedra)

Circular con mercadoría perecedoira tendo o certificado de isotermo caducado, transportando 30 kg de peixe (peixe sapo) presenta un certificado do isotermo nº 90651, de data 19-2-1998 ata o 19-2-2001.

5-3-2001; 12.55.00; A-9 peaxe

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.

300,51 euros

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01605-S-2001

C-9009-AZ

G.C. de tráfico

Asunción Zapata Orgueira

Belvís, s/n

15175 Carral (A Coruña)

Transportar mercadorías perecedoiras (roxóns e carne salgada), nun vehículo non adaptado para o dito transporte (vehículo isotermo).

17-3-2001; 9.40.00, N-651; 20,000

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Art. 143 Lei

16/1987, art. 201

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.

300,51 euros