Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (437/2000).

Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete dos de Pontevedra e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo verbal civil número 437/2000, seguidos neste xulgado por instancia de Ángel Casalderrey Carballo contra Monbus, Serafín Carrera Carrera e Compañía de Seguros Mercurio, se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Vistos estes autos de xuízo verbal 437/2000, promovidos por Ángel Casalderrey Carballo, representado polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, asistido do letrado José Cuíñas Rodríguez, contra a entidade Monbus, Serafín Carrera Carrera e a Compañía de Seguros Mercurio, representada pola procuradora María José Giménez Campos, asistida do letrado Javier Álvarez Blázquez, sobre reclamación de cantidade (contía 103.783).

Decido que, estimando a demanda deducida polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Ángel Casalderrey Carballo, contra Serafín Carrera Carrera e a Compañía de Seguros Mercurio, representada pola procuradora María José Giménez Campos, condeno os demandados a lle aboar á demandante, con carácter solidario e directo, a suma de cento tres mil setecentas oitenta e tres pesetas (pesetas 103.783) que devengarán, respecto da aseguradora codemandada, o xuro legal do diñeiro incrementado nun cincuenta por cento desde a data do sinistro, condenando os ditos demandados ó pagamento das custas procesuais devengadas.

Absolvo a entidade Monbus das pretensións formuladas na súa contra.

Así, por esta miña sentencia, da que se porá testemuño nos autos principais, con inclusión do orixinal no libro correspondente e contra a que cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación, para ante a Audiencia

Provincial de Pontevedra, definitivamente xulgando, en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación de sentencia á entidade demandada Monbus, expídese este edicto, que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, facultándose o procurador da demandante para intervir no seu dilixenciamento.

Pontevedra, 22 de outubro de 2001.

O maxistrado xuízA secretaria

Rubricado Rubricado