Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 224

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (598/1997).

No procedemento de referencia se dictou sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña, 10 de marzo de 2001.

Vistos por min, José Vicente López Balseiro, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número cinco dos desta cidade e o seu partido, estes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos co número 598/1997, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador López-Rioboo y Batanero, e defendida polo letrado Babío Bescansa, contra Jesús Pérez Vilariño e Ángel Díaz Pérez, ambos en estado procesual de rebeldía, versando o xuízo sobre reclamación de cantidade.

Decido que, debendo estimar e estimando integramente a demanda interposta polo procurador López-Rioboo y Batanero, en nome e representación de Caixa de Aforros de Galicia, contra Jesús Pérez

Vilariño e Ángel Díaz Pérez, condeno os demandados a lle aboar á demandante a cantidade de 1.151.755 (un millón cento cincuenta e unha mil setecentas cincuenta e cinco) pesetas, suma que se incrementará nos xuros que se devenguen ó tipo do 15% desde a data desta resolución e ata o seu completo pagamento. Todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

E como consecuencia, do ignorado paradoiro de Jesús Pérez Vilariño e Ángel Díaz Pérez, esténdese esta cédula para que sirva de notificación.

A Coruña, 31 de outubro de 2001.

O/A secretario/a

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA