Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 27 de decembro de 2001 pola que se particulariza para o exercicio 2002 o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

A Orde do 17 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, con

servación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (DOG nº 149, do 2 de agosto) establece no seu artigo 4 que, nos exercicios sucesivos da vixencia do actual Programa Operativo IFOP 2000-2006, as axudas se outorgarán con cargo ás aplicacións orzamentarias que para esta mesma finalidade se determinen na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma do ano correspondente e, no seu artigo 15, que o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no DOG da correspondente convocatoria polo que, rematado o procedemento de concesión de axudas para o exercicio 2001 ó abeiro da referida orde, cómpre establece-las condicións particulares para a concesión destas axudas no exercicio 2002.

Así, o artigo 1, 1.2º da Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG nº 33, do 19 de febreiro), sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG nº 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG nº 209, do 29 de outubro) establece, nunha disposición aplicable á situación orzamentaria actual, que se chegada a data do 20 de outubro do exercicio inmediatamente anterior ó dos orzamentos con cargo ós que se vaian imputa-los correspondentes gastos, aínda cando súa execución se realice nunha ou varias anualidades, o Consello da Xunta de Galicia non aprobase o correspondente proxecto de orzamentos para a súa remisión ó Parlamento, segundo dispón o artigo 52 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado por Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderase inicia-la tramitación anticipada de expedientes de gasto durante o período que medie entre a antedita data e a do 31 de decembro do

correspondente exercicio orzamentario, sempre e cando se acredite que normalmente vai existir crédito axeitado e suficiente para o gasto que se vai efectuar.

Ademais, o artigo 3, 3.3º estende expresamente esta posibilidade de tramitación anticipada á de expedientes de bases reguladoras ou convocatorias de axudas derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente de fondos europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea ou de ámbito estatal dictada en desenvolvemento ou trasposición dela e existan compromisos de financiamento destinados ó aplicación das correspondentes medidas.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Para o exercicio orzamentario 2002, as axudas ó abeiro da Orde do 17 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, trans

formación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (DOG nº 149, do 2 de agosto) outorgaranse con cargo á aplicación 12.03.722A.770.0 do orzamento de gastos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, na que normalmente existirá crédito axeitado e suficiente, e ata o importe máximo de 9.713.298,88 A (1.616.156.947 pesetas), reservándose para o efecto o correspondente crédito.

De conformidade co disposto na Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG nº 33, do 19 de febreiro), sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG nº 231, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG nº 209, do 29 de outubro), na tramitación anticipada destas axudas poderá chegarse ata o momento inmediatamente anterior ó da disposición ou compromiso de gasto, quedando a concesión das correspondentes axudas sometida en todo caso á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002 no momento da resolución.

Artigo 2º.-Para a concesión de axudas ó abeiro da devandita Orde do 17 de xullo de 2000 con cargo ó exercicio orzamentario 2002, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional

Única.-Como consecuencia do remate do período transitorio previsto nas disposicións da Lei 46/1998, do 17 de decembro, sobre introducción do euro, tódolos datos de contido económico reflectidos nos documentos e formularios que se xunten, de conformidade coas súas disposicións, ás solicitudes de axuda presentadas ó abeiro da presente orde deberán vir expresados en unidade de conta euro.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos