Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 195

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de decembro de 2001 pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa convocados pola Orde do 25 de xuño de 2001.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 25 de xuño de 2001 (DOG do 27 de xullo), convocou premios dentro do marco do impulso á innovación educativa nos niveis non universitarios e do recoñecemento do traballo realizado polo profesorado que, individual ou colectivamente, está a levar adiante prácticas educativas innovadoras.

Segundo o disposto no artigo 4 da devandita orde, o día 19 de novembro de 2001 constituíuse a comisión encargada de avalia-los traballos presentados, procedendo á súa valoración e levantándose na mesma data acta da proposta de concesión de premios, que se elevou ó conselleiro para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-los premios á innovación educativa, convocados pola Orde do 25 de xuño de 2001, ós traballos e profesores que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Premios á innovación educativa

* Primeiro premio, de 250.000 pesetas:

-Alimentación-Dieta sá.

Coord. María Jesús Barreiro Rial.

CEIP Raquel Camacho.

A Coruña.

* Segundos premios, de 150.000 pesetas:

-A lavandeira curiosa e o seu amigo o trasno.

Coord. Amelia Pereiro Sousa.

CEIP Chans-Bembrive.

Bembrive-Vigo.

-Cholo e Nela, toda una historia.

Coord. María del Carmen García Fernández.

CEIP Manuel Bermúdez Couso.

A Pobra de Trives.

-Olimpiámonos.

Coord. José Antonio Martínez Lista.

CEIP de Brión.

Brión.

-Proposta de visión transvesal da celebración do Día das letras galegas nun centro de ensino secundario.

Coord. José Ignacio Salgado López.

IES A Pinguela.

Monforte de Lemos

-Proxecto craescuela.net.

Coord. José L. Fariña García.

CRA Nosa Señora do Faro.

Ponteceso.

* Terceiros premios, de 100.000 pesetas:

-A bollería: ¿é sana ou é perxudicial?.

Coord. Mª Paz Domínguez Araújo.

CEIP Seis do Nadal.

Vigo.

-A rota do escravo.

Coord. Mª Jesús Álvarez Paz.

CEIP Vilameán.

Nigrán.

-Adaptacións curriculares en educación física

Coords. Francisco Tenreiro Gavela e José Antonio Sordo Freire.

IES Ferrol Vello & IES Ricardo Carballo Calero.

Ferrol.

-Día da paz 2001: o intercambio cultural.

Coord. Mª Inmaculada Peniza González.

IES Pedra da Auga.

Ponteareas.

-Elaboración e aplicación de centros de interese didácticos adaptados á área de psicomotricidade nun CEE.

Coord. María Luisa García Sánchez.

CP Educ. Espec. Santiago Apóstol.

-Experiencia interdisciplinar en grupos de traballo cooperativo.

Coord. Lucía Durán Paredes.

IES Rodeira.

Cangas.

-Exposición: Raíña Aragonta.

Participantes: Teresa Marino Gil, Mª Cristina Rodríguez Boente, Mª del Pilar Cortés Rodríguez e Mª Esther Carro Ramos.

CRA Raíña Aragonta.

Salceda de Caselas.

-Modelización de fenómenos ondulatorios co programa ondas.

Coord. Pedro L. Rodríguez Porca.

IES Francisco Aguiar.

Betanzos.

-Pequenos escritores.

Coord. Jorge L. Alfeirán Chouciño.

CPI As Revoltas.

Cabana de Bergantiños.

(A Coruña).

-Suecia, un país distinto.

Coord. Ana Robles Fraga.

IES Perdouro.

Burela.