Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 194

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 12 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Dirección Xeral da Xuventude e do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados pola Resolución conxunta do 18 de xullo de 2001.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude e o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, convocaron por Resolución conxunta do 18 de xullo de 2001, premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

De conformidade co disposto no artigo 4º da devandita resolución conxunta, o día 16 de novembro de 2001 constituíuse a comisión encargada de avalia-los traballos presentados, composta polos seguintes membros:

Presidenta: Mª Pilar del Mar Pérez Marsó. Directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Vicepresidente: José Graña Carrodeguas. Subdirector xeral de Ordenación Educativa.

Vocais:

Juan José Valiela, en representación do departamento de Educación e Información Ambiental.

Paola Somoza Díaz-Sarmiento, en representación do Instituto Galego de Consumo.

Jesús Morán Iglesias, en representación do Plan de Galicia sobre Drogas.

Javier Cereijo Fernández, en representación da Subdirección Xeral de Programas de Saúde Pública.

Juan José Martín Álvarez, en representación da Dirección Xeral de Xustiza.

Ángeles García Álvarez, en representación do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Manuel Brea Costoya, en representación da Subdirección Xeral de Promoción e Actividades.

Antonio Rivas Menéndez, xefe do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Secretario: José Feáns Landeira, asesor técnico do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

O secretario levantou acta da proposta de concesión de premios emitida pola comisión avaliadora na mesma data, para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude, e o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑEN:

Primeiro.-Concedérlle-los premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados por Resolución conxunta do 18 de xullo de 2001, ós traballos que se relacionan no anexo a esta resolución.

Segundo.-Declarar desertos o seguintes premios:

-Educación vial (nivel de primaria).

-Educación para o consumo (nivel de primaria).

-Prevención do consumo indebido de drogas (nivel de secundaria).

-Educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa) (nivel de secundaria).

-Educación para a paz e a multiculturalidade (nivel de secundaria).

-Educación para a igualdade de ámbolos sexos (nivel de secundaria).

-Educación para o lecer (nivel de secundaria).

Terceiro.-A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Mª del Pilar Mar Pérez Marsó, directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional; Víctor Tello Calvo, presidente do Instituto Galego de Consumo; Manuel Antonio Silva Romero, secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais; Manuel Barral Castro, director xeral de Saúde Pública; Reyes Carabel Pedreira, directora xeral de Xustiza; Aurora Montes Santa-Olalla, directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller; Mª José Bravo Bosch, directora xeral de Xuventude; Juan Casares Long, director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

ANEXO

Premios á innovación educativa

sobre os temas transversais

1. A transversalidade na educación.

Primaria:

Os caroeiros da Mahía.

Coord. Mª Isabel Abelleira Bardanca.

CEIP Bispo Guerra Campos.

Bertamiráns-Ames.

Secundaria:

Concerto Transmousiké.

Coord. Isabel Méndez González.

IES Sanxillao.

Lugo.

2. Educación vial.

Secundaria:

Me conduzco como debo.

Coord. Mª Jesús Buitrago Rubira.

IES Ribeira do Louro.

O Porriño.

3. Educación para o consumo.

Secundaria:

Consumo e lixo.

Coord. Pilar Fernández Illán.

IES Becerreá.

Becerreá.

4. Prevención do consumo indebido de drogas.

Primaria:

A droga (tabaco e alcol).

Coord. Félix Álvarez Fernández.

CEIP Sobreira/Valadares.

Vigo.

5. Educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa).

Primaria:

Proyecto la ciudad. Educación para la salud.

Coord. Montserrat Sancho Castro e Mercedes López Díaz.

Escuela Infantil Carricanta.

A Coruña.

6. Educación para a paz e a multiculturalidade.

Primaria:

O mercadiño solidario.

Coord. Mª de los Ángeles Abelleira Bardanca.

Escola de Educación Infantil.

Muros.

7. Educación para a igualdade de ámbolos sexos.

Primaria:

A educación transversal. Aprendendo da experiencia.

Coord. Mª Xosé Cobas.

CEIP Curros Enríquez.

A Coruña.

8. Educación para o lecer.

Primaria:

Dinamizar a escola desde a biblioteca.

Coord. Juana María Vázquez Silva.

CEIP de Présaras.

Vilasantar.

9. Educación ambiental.

Primaria:

As festas tradicionais de Muros.

Coord. Mª de los Ángeles Abelleira Bardanca.

Escola de Educación Infantil.

Muros.

Secundaria:

A cultura da auga no Concello de Brión.

Coord. Mª Xosé Tilve Costas.

IES Esparís/CEIP Pedrouzos.

Brión.