Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:

Obxecto. Construcción da rede de abastecemento de auga nas rúas Salvador Allende, Armental, Bartolomé de las Casas e rúa do Cruceiro (San Pedro de Nós).

Orzamento de licitación. 12.308.726 pesetas, equivalentes a 73.976,93 euros.

Fianzas.

Provisional. Non se esixe.

Definitiva. 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución. Corenta e cinco días.

Proposicións. Poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións. Poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 19 de decembro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa