Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello Pleno acordou, en sesión do 19-12-2001, inicia-los trámites para a contratación da concesión administrativa do servicio público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza urbana, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e de condicións técnicas da concesión, e os seus anexos e documentos que se expoñen xunto con este anuncio polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 06 38.

Obxecto: xestión indirecta por concesión do servicio municipal de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza urbana.

Tipo de licitación: só se establece o prezo máximo, que será de 781.316 euros/anual, IVE incluído. As ofertas irán por ese tipo ou á baixa.

Duración do contrato: vinte anos prorrogables por un único período de cinco anos.

Modalidade de adxudicación: forma de concurso, modalidade aberta e tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 15.626,31 euros.

Exame do expediente: o expediente poderá ser examinado durante oito días hábiles en horas de oficina na secretaría do concello, de luns a venres, e sábados das nove ás trece horas.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio será publicado no BOP de Pontevedra e no DOG, e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello durante os quince días naturais

contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio nos diarios anteriores.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas do primeiro martes seguinte ó día no que remate o prazo de presentación de ofertas; os sábados consideraranse como inhábiles para estes efectos.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 20 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado