Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de rehabilitación estructural de firmes nas rúas do núcleo urbano.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento de licitación: 74.750.000 pesetas (449.256,54 euros), incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

6. Garantías: a) provisional: 1.495.000 pesetas (8.985,13 euros). b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello. Praza de España. Pontevedra 36071. Tlf./fax: 986 80 43 00/986 86 01 02. Correo: www.contratacion*concellopontevedra.es. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 12 de decembro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado de Área