Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servicio de limpeza nos centros de saúde de Xinzo de Limia (CP-SX-1/02) e Celanova (CP-SX-2/02).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las licitacións que a seguir se citan:

Nº referencia expediente: CP-SX-1/02.

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde e PAC de Xinzo de Limia.

2. Orzamento total: 81.737,76 euros (IVE incluído), (13.600.019 pesetas.)

Ano 2002: 34.057,40 euros.

Ano 2003: 40.868,88 euros.

Ano 2004: 6.811,48 euros.

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (1.634,76 euros) (272.001 pesetas).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Nº referencia expediente: CP-SX-2/02

1. Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde e PAC de Celanova.

2. Orzamento total: 82.939,68 euros (IVE incluído), (13.800.002 pesetas).

Ano 2002: 34.558,20 euros.

Ano 2003: 41.469,84 euros.

Ano 2004: 6.911,64 euros.

3. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (1.658,79 euros) (275.999 pesetas).

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

As condicións que rexerán os expedientes relacionados son as contidas nos puntos seguintes do nº 4 ó nº 15 ambos inclusive.

4. Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

5. Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de marzo de 2002 ou data de comezo efectivo da vixencia do contrato unha vez formalizado, se é posterior.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Solvencia económica e financeira: acredítase por algún dos medios indicados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica: acredítase por algún dos medios indicados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de Servicios Xerais da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na avda. de Zamora, 13-5º andar, 32005 Ourense; teléfono: 988 38 64 37, fax: 988 38 64 50, tódolos días laborables, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina. Tamén poderán ser consultados na páxina da Internet do Sergas (www.sergas.es).

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo do xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

14. Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Ourense, 26 de novembro de 2001.

José F. Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense