Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001 pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de novembro de 2001, polo que se aproba definitivamente o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías Hidrográficas de Galicia Costa.

En cumprimento do disposto nos artigos 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, este organismo autónomo dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do 29 de novembro de 2001, da que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente como plan sectorial de incidencia supramunicipal o Plan Sectorial Hidroeléctrico das Bacías Hidrográficas de Galicia Costa.

2º O plan desenvolverase mediante proxectos sectoriais, aprobados conforme as determinacións do artigo 25 da Lei 10/1995, para os que non será precisa a declaración de incidencia supramunicipal, sempre que os ditos proxectos estean de acordo co plan aprobado.

3º As determinacións contidas no plan teñen forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares, e prevalecen sobre as determina

cións do planeamento urbanístico, conforme o establece o artigo 8 punto 1º do Decreto 80/2000.

4. De conformidade co artigo 24 da Lei 10/1995, e do 8 punto 2º do Decreto 80/2000, os concellos deberán adapta-lo seu planeamento urbanístico ó contido no plan. A devandita adaptación realizarase unha vez que sexan presentados os proxectos definitivos, sempre que os ditos proxectos estean de acordo co plan aprobado ou cando menos na primeira modificación ou revisión do dito planeamento urbanístico.

5. Conforme o establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, decláranse de utilidade pública para os efectos expropiatorios, os bens e dereitos precisos para a súa execución».

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia