Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión de data 29 de novembro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do plan especial de mellora do núcleo de Serra de Nacente.

Segundo.-Someter á información pública o expediente polo período dun mes inserindo para tal efecto anuncio no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións que estimen convenientes, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 30 de novembro de 2001.

José E. Sotelo Villar

Alcalde