Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 167

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (315/2001).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 315/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, vintedous de novembro de dous mil un.

En nome El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 315/2001, seguida por unha falta de furto, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Aurelia López-Mingo Díaz-Ufano, denunciante e, como denunciado Pablo Vilas Portals, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver como absolvo a Pablo Vilas Portals, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección sexta, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Aurelia López-Mingo Díaz-Ufano, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintedous de novembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado