Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 24/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
«En Santiago de Compostela, vintecinco de xuño de dous mil un.
En nome de El Rei.
Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 24/2001, seguida por unha falta de lesións, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, os axentes da policía local de Santiago de Compostela con números de identificación 074, 048 e 121, como denunciantes-denunciados e, como denunciado-denunciante, Antonio Reboredo González, pronunciou a seguinte sentencia:
Decido que debo condenar e condeno a Antonio Reboredo González, como autor dunha falta contra a orde pública do artigo 634 do Código Penal, á multa de 30 días e cota diaria de 200 pesetas/día, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección sexta, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».
E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Antonio Reboredo González, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de novembro de dous mil un.
O secretario
Rubricado