Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 167

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO (5098/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora María Ángeles Otero Llovo, en nome e representación de Empresa Ojea, S.A., contra orde da CPTOPV do 6-7-2001, publicada no DOG do 17 de septiembre, por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 3-8-2001, que outorga con carácter definitivo á empresa Raúl, S.A., concesión do transporte público de viaxeiros V-2310; XG-215 A Cañiza-O Porriño-Pontevedra.

Recurso número: 02/0005098/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 27 de novembro de 2001.

Isabel Freire Corzo

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA