Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, do 11 de decembro de 2001, polo que se aproba anuncia-la convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 9 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia,

RESOLVO:

Facer público o acordo da Comisión de Goberno do 11 de decembro de 2001, polo que se aproba anuncia-la convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia polo que se aproba anuncia-la convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia:

De acordo co artigo 3 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta Comisión de Goberno

ACORDA:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I deste acordo.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Consello de Contas de Galicia (rúa Ramón Piñeiro, nº 29, Santiago de Compostela), directamente, ou polas for

mas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo citado no anexo I deste acordo un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado, se é o caso, o seu traslado a este Consello de Contas, procederase á súa toma de posesión no posto para o que foi seleccionado/a.

Sexto.-Esta convocatoria será resolta pola Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia.

Sétimo.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Oitavo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está en Santiago de Compostela, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

Noveno.-Contra este acordo cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Nº vacantes: 1.

Localidade: Santiago de Compostela.

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Posto de traballo: axudante de auditoría.

Grupo: C.

Nivel C. destino: 22.

Específico (en miles): 1.100.

Requisitos: bacharelato superior. Pertencer ó corpo administrativo da C.A. de Galicia, Estado, outras CC.AA., OO.AA., CC.LL., e S.S.

Méritos preferentes: contabilidade e auditoría de contas.