Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 5/DP/2001 para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria, polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 h) da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola de 23 de marzo de 2000 (DOG do 30 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral da División de Recursos Económicos do Sergas con data do 26 de outubro de 2001, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial de Ourense, rúa Xoan XXIII, nº 27, 1º e 2º andar. Teléfono: 988 38 55 95; Fax: 988 38 55 60.

2. Modalidade da adxudicación: concurso, procedemento aberto e tramitación anticipada.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas de material faranse nos lugares de almacenamento que indique a adxudicación (ver prego de prescricións técnicas).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: material de incontinencia urinaria (ver prego de especificacións técnicas). Orzamento: 100.173.357 pesetas (602.054 euros), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/o conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidad dos lotes ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: os prazos de entrega en cada un dos centros poderán variar

entre os 15 e 30 días, en función da capacidade de almacenamento de cada centro e igualmente comunicaráselle ó adxudicatario no seu momento (ver prego de prescripcións técnicas).

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 25-1-2002.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 31-1-2002.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar desta apertura: 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas no enderezo que se sinala no punto 1.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles fosen adxudicados.

9. Modalidade esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento farase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 99 do texto refundido da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas de data 16-6-2000.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: UTE.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberán reuni-los provedores: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudicar-lo contrato: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas.

14. Variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: ve-lo prego de cláusulas adminitrativas particulares.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa.

17. Data de envío do anuncio: 10-12-2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

19. Anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será pola conta do adxudicatario.

Ourense, 30 de novembro de 2001.

Eliseo Lorenzo Carballo

Director provincial en funcións de Ourense