Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Xerencia Xeral de Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do arrendamento de máquinas de reprografía para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 16/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: arren-

damento.

3. a) Lugar de entrega: dependencias sinaladas para o efecto pola Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: arrendamento de máquinas de reprografía (2 equipos de alto, 6 de medio e 28 de baixo volume). Lote único.

Importe: 324.546,72 euros (trescentos vintecatro mil cincocentos corenta e seis euros con setenta e dous céntimos) IVE incluído, 54.000.031 pesetas (cincuenta e catro millóns trinta e unha pesetas).

Duración: catro anos, desde o 16 de xaneiro de 2002 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. Este contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: quince días, desde a data da sinatura do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 18-1-2002.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de propostas: 25-1-2002.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, a partir das 10 horas do oitavo día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 6.490,93 euros (1.080.000 pesetas).

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación do contrato.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagamentos mensuais, na forma establecida no punto 8.2 do prego de prescricións ténicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.

17. Data de envío do anuncio: 4-12-2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela