Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2001 pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto correspondente á concesión administrativa solicitada por Ronáutica, S.A. para a construcción das instalacións para a náutica recreativa no porto de Baiona.

En cumprimento da normativa ambiental vixente así como do resultado da cualificación ambiental do proxecto resolta pola Consellería de Medio Ambiente, e seguindo a tramitación de urxencia, durante quince (15) días, o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental a información publica mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto correspondente á concesión administrativa solicitada por Ronáutica, S.A. para a construcción e explotación de instalacións para a náutica recreativa en Baiona (Pontevedra).

Segundo.-Para os efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares na seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia