Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 20 de novembro de 2001, do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador DH.D15.13211.

Por medio deste edicto faise saber que o instructor de Augas de Galicia dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontran á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao

Fdez. Flórez, 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 20 de novembro de 2001.

Luis Villarroya Lozano

Instructor

ANEXO

Expediente número: DH.D15.13211.

Persoa interesada: Faustino Cancela Bardanca.

Domicilio que consta no expediente: r/ Río Sil, 8-2º, 15100 Carballo.

Acto administrativo: proposta de resolución do 16-10-2001.

Preceptos infrinxidos: artigo 315 c) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 75.000 pesetas (450,75 euros).