Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade OU-2001/004.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co establecido nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da publicación.

San Cibrao das Viñas, 23 de novembro de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento sancionador: protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (Lei 1/1993, do 13 de abril).

Número de expediente: OU-2001/004.

Denunciado: Venancio Rodríguez Barandela.

Contido da resolución: sanción con multa de 50.001 pesetas.

Último enderezo coñecido: Loiro de Abaixo-San Cibrao das Viñas (Ourense).