Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación dun servicio de soporte e mantemento de equipamento microinformático deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 80A/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Obxecto: servicio de soporte e mantemento de equipamento microinformático do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Orzamento estimado: 120.000 euros (19.966.320

pesetas), IVE incluído.

3. Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (2.400 euros, 399.326 pesetas).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de xaneiro de 2002 ou data da sinatura do contrato se fose posterior. O contrato poderá ser modificado e prorrogado por mutuo acordo das partes antes da súa finalización. No caso de prórroga, a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non excederá de 2 anos.

6. Admisión de variantes: non.

7. Solvencia económica, financeira e técnica: esta acreditación verificarase por calquera dos medios sinalados nos artigos 16 -solvencia económica e financeira (véxase anexo I)- e 19 -solvencia técnica ou profesional (véxase anexo II)- do TRLCAP.

8. Criterios de adxudicación: véxase punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario, edificio B planta 1ª, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, edificio B planta 1ª, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

11. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, ás 10 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela , 13 de decembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela