Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Comerciantes Praza Nova, Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes Praza Nova, Pontevedra, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: comercio en xeral (comercio e servicios) instalado e en explotación nestas rúas, así como os técnicos e profesionais exercentes.

Asinan a acta de constitución: Mª Concepción Pereiro Ramos e outros.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 10 de decembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo