Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da organización sindical Médicos de Galicia Independientes (Omega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da organización sindical Médicos de Galicia Independientes (Omega), que ten os seguintes ámbitos.

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da organización os rexistrados como sindicatos profesionais de calquera das catro provincias galegas, así como as asociacións profesionais de médicos e titulados superiores con vinculación na sanidade autonómica, e o seu ámbito territorial estea en Galicia.

Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Refojos Giráldez e Benigno J. Villoch Salgueiro, presidente e secretario, respectivamente, en representación da Asociación de Médicos de Urgencias Extrahospitalarias de Galicia (Muega), e dúas persoas máis, presidente e secretario, representando ó Sindicato Médico Profesional de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais