Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Finantravel, S.L., sita na rúa Serafín Avendaño, número 15, de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia de José Manuel Torres Pérez, na súa calidade de representante legal de Finantravel, S.L., titular da axencia de viaxes Finantravel, S.L. do grupo retallista con código de identificación CV-m 443-V, con casa central na rúa Barcelonina nº 2 de Valencia, en solicitude de autorización de apertura dun novo establecemento na rúa Serafín Avendaño nº 15 de Vigo.

Resultando que, o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 5 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Finantravel, S.L., do grupo Retallista co código de identificación CV-m 443-V,e casa central na rúa Barcelonina nº 2 de Valencia da que é titular Finantravel, S.L., a apertura dun novo establecemento na Rúa Serafín Avendaño nº 15 de Vigo, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencio

so-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS