Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (715/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe es testemuño de que nos autos de xuízo número 715/2001, seguidos por instancia de María del Carmen Fernández Valledor contra a empresa Barseira Astoria, S.L. e outro, sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 27 de novembro de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 715/2001, sobre reclamación de despedimento, no que son partes, como demandantes María del Carmen Fernández Valledor, asistida polo letrado Germa Vázquez Díaz e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Braseira Astoria, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por María del Carmen Fernández Valledor, sobre despedimento, contra a empresa Braseira Astoria, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia deste e, na súa consecuencia, debo condenar e condeno a dita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión da traballadora Sra. Fernández Valledor ou o aboamento dunha indemnización dun millón duascentas vinteoito mil cincocentas corenta e seis pesetas (1.228.546 pesetas), entendéndose que, de o empresario non optar pola readmisión ou pola indemnización, procede a primeira e, ademais, nun e noutro caso, ó pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación da sentencia, a razón de 3.867 pesetas diarias de soldo, e que ata a data desta resolución ascenden

á suma de duascentas corenta e sete mil catrocentas oitenta e oito pesetas (247.488 pesetas).

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito dos despedimentos obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consigancións, nº 2322-61-nº de autos 715/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria de avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de selo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá consituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 715/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demanadada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estabe celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma a empresa Braseira Astoria, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o vintesete de novembro de dous mil un.

Rubricado