Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (364/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño: en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 364/2001 por intancia de Ángela María Duarte López y otros contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña o 23 de novembro de 2001. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 364/2001, seguidos por instancia de Ángela María Duarte López Rosario, Agustina Villanueva Castro, María José Iglesias Otero, Sandra Rial Otero e María Luisa Suárez Fernández, maiores de idade, asistidas polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García, que non compareceu en autos, e o Fogasa, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa Cisneros, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ángela María Duarte López Rosario, Agustina Villanueva Castro, María José Iglesias Otero, Sandra Rial Otero e María Luisa Suárez Fernández, intervindo o Fogasa, contra a empresa Josefa Pilar Rodríguez García, debo condenar e condeno a esta a que lles aboe ás demandantes a cantidade de: a Ángela María Duarte López Rosario, 340.250 pesetas; a Agustina Villanueva Castro, 323.590 pesetas; a María José Iglesias Otero, 330.439 pesetas; a Sandra Rial Otero, 323.590 pesetas e a María Luisa Suárez Fernández, 311.808 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo resgardo acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Josefa Pilar Rodríguez García mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 23 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado