Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 93

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de decembro de 2001 pola que se anuncia a adxudicación de oito bolsas de colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), convocadas polas ordes do 31 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 175, do 10 de setembro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión do día 17 de decembro de 2001 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de oito bolsas de colaboración en diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia, segundo as convocatorias anunciadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 175, do 10 de setembro de 2001, e de conformidade co establecido na base sétima das referidas ordes de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder oito bolsas de colaboración para diversas actividades que se están a desenvolver no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), segundo se detallan no anexo I desta resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo desta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base terceira das dúas ordes de convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será a que figura no anexo, correspondéndolle para o mes de decembro a parte proporcional ó período comprendido entre o 21 e o 31 de decembro de 2001.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fín a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome dos/as bolseiros/asNIFPtas.

-Proxecto: unha bolsa para realización de traballos multimedia e de xestión informática.

Titulares:

Vidal Porto, Elisa Mª33.297.424-W125.000.

Suplentes:

Álvarez Alonso, Mónica36.133.072-A

Pensado Gerpe, Digna33.290.928

-Proxecto: catro bolsas para colaborar no proceso de inventario e catalogación de fondos do Mupega.

Titulares:

Dominguez Román, Belén34.953.701-A150.000.

Gallego Fernández, Carmen35.299.714150.000.

Vilar Álvarez, Manuel32.426.302-M150.000.

Vázquez Vila, Daniel33.320.750150.000.

Suplentes:

1. Gómez Estalote, Mª Ofelia33.256.070

2. Rascado del Prado, Luz Mª36.087.958

3. González García, Matilde44.806.286-D

4. Seijas Montero, María76.812.706

-Proxecto: unha bolsa para colaborar na catalogación de fondos bibliográficos do Mupega.

Titular:

Novoa García, Carmen35.550.421-B150.000.

Suplente:

1. Pazo García, Lourdes33.272.484-V

-Proxecto: dúas bolsas para traballos de investigación sobre museísmo pedagóxico.

Titulares:

Fernández González, Manuel35.560.158-L150.000.

Montero Feijóo, Óscar34978018-D150.000.

Suplentes:

1. Mosteiro García, Mª Josefa52.497.294-R

2. Gerveno García, Marta44.807.121